Ir o contido principal

2 de agosto - 21:30h Poesía EnRiba

VENRES 1 AGOSTO - 21:30 H. IGREXA DA MADALENA

LAURA SAM //

MURCIA. Poeta e artista Rap. En 2012 comeza en Bilbao a súa andaina no xénero performativo-literario spoken word. Foi directora durante 5 anos de Poemátika, un festival derivado del Spoken Word Bilbao. Ata o momento, ten editados dous poemarios: Incendiaria (2019) e Géiser (2022). Na súa faceta musical, edita xunto co artista vasco Juan Escribano o disco La voz en contra (2022).

EMBOSCADAS

VALLADOLID. M* Elena de Prada e César Catalina, presentan un espectáculo poético-musical La voz de los malditos, unha viaxe onírica a través da alma dun artista, con textos de Lorca, Machado, Unamuno ou Salvador Rueda, entre outros.

SÁBADO 2 AGOSTO - 21:30 H. IGREXA DA MADALENA

FRANCIASCO CASTRO

VIGO. Escritor, editor e músico. Ten publicados máis de vinte libros, que abarcan novela de adultos, literatura infantil ou ensaio. No ano 2023 edita o seu primeiro traballo discográfico Agora é o tempo. Nesta edición da Poesía EnRiba, Francisco Castro presenta POESIACORDES, na que se revisa o mellor da poesía galega musicada dende os anos sesenta en diante.

CLO PLAS

A FONSAGRADA Proxecto performático formado pola escritora Xia Arias e o artista Berio Molina, que mestura a oralidade da montaña de Lugo con música experimental

e midi. Publicaron o seu primeiro traballo Bafi (2022) ao abeiro da Regueifa Plataforma e dous anos e unha vintena de concertos despois preséntannos o segundo: Placa.