Ir o contido principal

10 de xullo - 12:00h Mar á vista Unha actividade para que a cativada vexa diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dunha maneira diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente á cativada e que a súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de maneira natural.

Esta actividade é un xogo de recoñecemento de diferentes especies mariñas a partir dunha pintura de Urbano Lugrís. As nenas e nenos irán descubrindo o universo pictórico do artista así como a representación dos elementos na pintura.

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 7 anos

Inscricións: Teléfono 886 151 101; museo.masso@xunta.gal