Ir o contido principal

Público infantil

Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe

Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe X CONCURSO DE RELATOS MUSEO LISTE – ETNOGRÁFICO DE VIGO 2022

X CONCURSO DE RELATOS

MUSEO LISTE – ETNOGRÁFICO DE VIGO

2022

Este ano propoñémosvos o terna: "Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe" Podedes enviar os vosos relatos ata o 26 de abril.

Haberá premios para os gañadores! Agardamos a vosa participación

Xuntamos bases da convocatoria tamén dispoñibles no enlace ao blog: https://museoliste.org/blog

 

Nadal en papel

Nadal en papel Programación de nadal

Obradoiros nos que a rapazada poderá facer os seus propios adornos de Nadal empregando técnicas como a papiroflexia. Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. 17 de decembro ás 17:30 e 22 de decembro ás 12:00.

As actividades son totalmente gratuítas pero requiren inscrición previa a través do formulario online que se pode atopar na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Con ollos de científic@

Con ollos de científic@ celebración do Mes da Ciencia

Este novembro o MUPEGA súmase á celebración do Mes da Ciencia retomando as actividades infantís.

Así, con motivo de dita celebración, o venres 19 de novembro de 17:30 a 18:30 realizarase o obradoiro “Con ollos de científic@” dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos. Nesta actividade os rapaces e rapazas poderán descubrir, mediante a experimentación e a construción de pequenos xoguetes ó pticos, como funciona unha das pezas expostas no MUPEGA: o proxector cinematográfico.

Origami mariño

Origami mariño Unha actividade para que os máis cativos vexan diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dun xeito diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Esta actividade intenta, ao través do xogo co origami en papel achegar ao coñecemento do mundo mariño dun xeito orixinal.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

Subscribirse a Público infantil