Ir o contido principal

Público infantil

Esta ría é un choio

Esta ría é un choio Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Con esta actividade preténdese dar a coñecer distintos aspectos da vida na ría.

O contido céntrase na vida dos ecosistemas das Rías Baixas a través de especies representativas vinculadas coa colección do museo. Dase a coñecer a flora e fauna presente na ría, así como especies foráneas que non habitan nese ecosistema pero teñen un estreito vínculo con Massó.

Por outra banda, faise fincapé na concienciación do coidado medioambiental a través da reciclaxe.

 

Cousas da praia

Cousas da praia Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Mediante o xogo e a música ensínase aos participantes cuestións sobre a area da praia e as plantas que viven nela, porqué sube e baixa a marea e outras sobre a acción humana. A praia como espazo de traballo no pasado e o problema actual do lixo no mar.

Massomakion

Massomakion Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Deseño con tangram.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion, que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tagram.

A arqitectura do Camiño

A arqitectura do Camiño Obradoiro infantil

Vinculado á actual exposición temporal “Santiago: peregrinación, cidade, escola”, este mes chega ao Museo Pedagóxico de Galicia un obradoiro no que os máis pequenos converteranse en auténticos construtores. A través do sistema Lupo interpretarán planos, traballarán en equipo e levantarán estruturas medievais coas que xogar e reflexionar sobre a arquitectura que se espallou en torno ao Camiño de Santiago.

Obradoiro: O poder da pedra e Visita á sala de Fondos pétreos

Obradoiro: O poder da pedra e Visita á sala de Fondos pétreos Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiros didácticos para nenas/os e Visita á sala de «Fondos pétreos»

10.00 h a 13.00 h. 

Realizado por Xeitura, no Parque arqueolóxico da  Cultura Castrexa. Convidarase ao alumnado dos colexios da contorna do parque arqueolóxico de San Cibrao de Las. Contemplase facilitar o desprazamento ao parque arqueolóxico dos colexios que así o soliciten.

Inscrición previa.

Obradoiro: O poder da pedra e Visita á sala de Fondos pétreos

Obradoiro: O poder da pedra e Visita á sala de Fondos pétreos Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Obradoiros didácticos para nenas/os e Visita á sala de «Fondos pétreos»

10.00 h a 13.00 h. 

Realizado por Xeitura, no Parque arqueolóxico da  Cultura Castrexa. Convidarase ao alumnado dos colexios da contorna do parque arqueolóxico de San Cibrao de Las. Contemplase facilitar o desprazamento ao parque arqueolóxico dos colexios que así o soliciten.

Inscrición previa.

Lecturas no tempo

Lecturas no tempo Obradoiro infantil

Obradoiro co que nos achegaremos a un invento que sen dúbida revolucionou a historia dos libros: a imprenta. Aprenderemos sobre ela a través dalgunhas pezas do museo e experimentaremos fabricando os nosos propios tipos.

Data: Venres 22 de abril de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Visores de marabillas

Visores de marabillas Obradoiro infantil

Obradoiro no que nos achegaremos ao funcionamento das imaxes e cine en 3D, descubrindo as súas orixes a través de pezas do museo e mesmo construíndo os nosos propios visores de imaxes tridimensionais.

Data: Venres 25 de marzo de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Subscribirse a Público infantil