A visita
O Centro conserva, ademais de instrumentos de música de raíz galega, arquivos sonoros, documentación e material audiovisual. É unha colección singular, resultado de máis de 40 anos de investigación de Xavier Blanco.
A exposición estrutúrase en tres salas temáticas:
- Sala 1. Instrumentos primixenios: creados con elementos da natureza, empregados para comunicarse, imitar sons ou realizar rituais.
- Sala 2. O ciclo festivo do ano: pezas vencelladas ás celebracións tradicionais, tanto relixiosas como ligadas ao traballo e ao ciclo produtivo.
- Sala 3. O movemento acompasado: instrumentos asociados á danza, ao ritmo do camiñar e ás cantigas de labor.
Este espazo está pensado para todas as persoas, sen restricións de idade nin perfil:
- Público xeral: familias, persoas adultas e viaxeiras curiosas pola música e a cultura galega.
- Comunidade educativa de todas as etapas académicas.
- Asociacións e grupos culturais: actividades enfocadas na recuperación e transmisión das tradicións.
- Persoas con necesidades específicas: un centro accesible e inclusivo, aberto a toda a sociedade.
https://www.fundacionlegar.org
Lugar da Seara – Santa María Magdalena, núm. 89A
27328, Quiroga
Tlf. 622 832 227 / 667 380 576
info@fundacionlegar.com
Lugar da Seara – Santa María Magdalena, núm. 89A
27328, Quiroga
Tlf. 622 832 227 / 667 380 576
info@fundacionlegar.com
Horario
Venres: de 18:00 a 20:00 horas
Sábados: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Domingos e festivos: de 10:00 a 14:00 horas
Tarifas
Entrada xeral: 3 €
Menores de 3 anos: 1 €
Obradoiros básicos: 12 € por persoa