Ir o contido principal

Museo Anfaco da Industria Conserveira

O museo xorde pola iniciativa da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco) que decide, co gallo da celebración do centenario da asociación no ano 2004 e co obxectivo de impulsar a promoción e divulgación do sector transformador dos produtos do mar, crear este centro museístico para amosar os principais fitos históricos que caracterizaron o nacemento do sector empresarial conserveiro. 

Desde o ano 2008 é recoñecido pola Xunta de Galicia como colección visitable de contido científico-técnico. Actualmente o Museo Anfaco é xestionado pola Fundación Cluster de Conservación de Productos de la Pesca.

O museo márcase como obxectivo a conservación e a difusión do patrimonio industrial e bibliográfico da industria conserveira, facendo un percorrido polas orixes e a consolidación do sector das conservas de pescados e mariscos. O percorrido estrutúrase en catro módulos principais, cos seguintes contidos:

Módulo I. Unha industria pioneira. Unha viaxe no tempo a través dos elementos de oficina e a publicidade: documentos, estatísticas, etiquetas, estoxos, envases...

Modulo II: A era da sardiña. Partindo do porto de Vigo como gran exportador de conservas de pescados y mariscos dende a primeira metade do século XX, e tomando a sardiña como protagonista, móstrase o traballo nas fábricas, a tecnoloxía e os traballadores de principios dese século, a través dos elementos fabrís propios da elaboración das conservas de pescado.

Módulo III. A tecnoloxía da conserva. En 1949 a asociación creou o Departamento Técnico e de Investigación, un fito no sector e xermolo do actual Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca. Este módulo propón un percorrido pola ciencia a través dos elementos que configuraron o primeiro laboratorio, que supuxo o paso cara a seguridade e calidade alimenticia, a través do material de laboratorio conservado.

Módulo IV. Sala de audiovisuais. Por unha banda, é o espazo para proxección de vídeos e o espazo didáctico para o traballo coas visitas guiadas. Por outro lado, amósase “La Revista Industria Conservera, la voz de la Unión”, editada desde 1934.

 

https://museoconserva.com

Estrada do Colexio Universitario, 16
36310, Vigo

Tlf. 986469301
Fax 986469269

museo@anfaco.es

Horario

Luns a venres de 8 a 14 h.


Tarifas

Entrada gratuíta mediante cita previa