Ir o contido principal

Visita guiada / Roteiro

Visitas comentadas

Visitas comentadas Arribada 2022

Esta fin de semana,nos días 4, 5 e 6 celebramos a Festa da Arribada 2022, que volve logo da pandemia.

A Casa da Navegación participa no evento con visitas comentadas nos días 4 ao 6, para grupos de mínimo 8 persoas, ás 11:00 e ás 18:00 cada día. É necesario inscribirse previamente no teléfono 986 356688 ou no enderezo electrónico: casa.navegacion@baiona.gal

Vestirse de época ten premio: as persoas que nos visiten vestindo atuendo de época, terán entrada de balde.

Visitas guiadas á exposición do pintor Alejandro González Pascual

Visitas guiadas á exposición do pintor Alejandro González Pascual Visitas guiadas á exposición

Se queres coñecer mellor a vida e obra do pintor Alejandro González Pascual podes asistir ás visitas guiadas á exposición dos venres e sábados ás 18:30h. Só tes que reservar praza no correo mu.belas.artes.coruna@xunta.gal

Tamén facemos visitas para grupos organizados de martes a venres no horario do museo, previa reserva no mesmo correo electrónico.

Visita guiada para familias á exposición “Fábulas de Almada Negreiros”

Visita guiada para familias á exposición “Fábulas de Almada Negreiros” Visita guiada para familias

Os vindeiros sábados 22 e 29 de xaneiro, familias, nenos e nenas están convidados a achegarse á exposición “Fábulas de Almada Negreiros” dunha maneira diferente. Da man da actriz Nerea Brey Fernández poderán coñecer aos animais protagonistas das obras e desfrutar dun día distinto e divertido no museo.

Animádevos!

Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola covid-19

Paseo por Marineda

Paseo por Marineda Acción dramatizada con Emilia Pardo Bazán e María Vinyals

Este venres 22 de outubro convidámosvos a pasear por Marineda con Emilia Pardo Bazán e María Vinyals.

Agardámosvos ás 19:00 horas ás portas da Casa-Museo, na rúa Tabernas 11 da Coruña.

As actrices Larraitz Urruzola e Estíbaliz Veiga darán vida ás dúas amigas neste percorrido pola Coruña literaria de dona Emilia.

Subscribirse a Visita guiada / Roteiro