22 de xaneiro - 12:00h Visita guiada para familias á exposición “Fábulas de Almada Negreiros” Visita guiada para familias

Os vindeiros sábados 22 e 29 de xaneiro, familias, nenos e nenas están convidados a achegarse á exposición “Fábulas de Almada Negreiros” dunha maneira diferente. Da man da actriz Nerea Brey Fernández poderán coñecer aos animais protagonistas das obras e desfrutar dun día distinto e divertido no museo.
Animádevos!
Entrada libre e de balde ata completar capacidade.
Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola covid-19