Ir o contido principal

Obradoiro

Enigma

Enigma Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Os xeroglíficos, as mensaxes cifradas e outras linguaxes gardaron información que, ás veces, segue a ser un misterio. Partindo da grande curiosidade que espertan, alimentando un devezo por coñecer que non sempre conseguimos resolver, convidamos aos participantes a mergullarse no seu enigmático mundo.

Desenvolvemento:

- Parte teórica: breve introdución audiovisual ao mundo dos códigos, mensaxes cifradas e aspectos relacionados.

- Parte lúdica: xincana arredor do tema.

Datas: do 1 ao 31 de xullo.

Duración: 60 m.

Os sons do traballo

Os sons do traballo Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Sons como a martelada do ferreiro, a máquina de coser da costureira, o chifre do afiador, proporciónannos un punto de partida que nos introduce no mundo dos oficios a través de aspectos que poden resultar familiares, establecendo relacións que xeran coñecemento.

Desenvolvemento:

- Parte teórica: introdución con breve percorrido pola Sala dos Oficios.

- Parte práctica: recoñecemento de oficios e dos elementos que os definen protagonizados polos seus

sons.

Bruxuleando

Bruxuleando Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Croquis, compases, agullas de marear, astrolabios, estrelas, sol, relevo, servían para chegar a calquera sitio,

incluíndo novos mundos.

Introdución aos antigos sistemas de orientación resolvendo probas que evidencien dotes de descubridores e

aventureiros.

A actividade constará de:

- Parte teórica: achega aos medios de orientación ao longo da historia.

- Parte práctica: resolución de distintas probas incluíndo a construción e uso de rudimentarios aparellos

de orientación.

Misión imposible

Misión imposible Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Actividade que xungue aprendizaxe e diversión nunha encadeada serie de misións que farán que os nosos visitantes máis novos coñezan o Museo e as súas pezas.

Só os que teñan madeira de axentes segredos conseguirán completar a xincana que terá como obxectivo recuperar ás alfaias roubadas a unha importante organización que non parará ata telas de

novo no seu poder.

A actividade constará de:

- Introdución ao xogo e aos seus obxectivos a través da lectura de carta onde se dan conta dos feitos.

Álbum de familia

Álbum de familia Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Como se dun cluedo se tratase, teremos que adiviñar quen matou a Xusto Hermelo. Pero, quen era este

home, cando e onde viviu, por que foi asasinado. As fotografías darannos a clave.

A través do xogo entenderemos a importancia da fotografía, non só como elemento artístico, senón

tamén documental. Mediante a súa manipulación e análise seremos quen de coñecer grandes segredos.

A actividade constará de:

Esta ría é un choio

Esta ría é un choio Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Con esta actividade preténdese dar a coñecer distintos aspectos da vida na ría.

O contido céntrase na vida dos ecosistemas das Rías Baixas a través de especies representativas vinculadas coa colección do museo. Dase a coñecer a flora e fauna presente na ría, así como especies foráneas que non habitan nese ecosistema pero teñen un estreito vínculo con Massó.

Por outra banda, faise fincapé na concienciación do coidado medioambiental a través da reciclaxe.

 

Cousas da praia

Cousas da praia Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Mediante o xogo e a música ensínase aos participantes cuestións sobre a area da praia e as plantas que viven nela, porqué sube e baixa a marea e outras sobre a acción humana. A praia como espazo de traballo no pasado e o problema actual do lixo no mar.

Massomakion

Massomakion Comezo dos obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Deseño con tangram.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion, que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tagram.

A arqitectura do Camiño

A arqitectura do Camiño Obradoiro infantil

Vinculado á actual exposición temporal “Santiago: peregrinación, cidade, escola”, este mes chega ao Museo Pedagóxico de Galicia un obradoiro no que os máis pequenos converteranse en auténticos construtores. A través do sistema Lupo interpretarán planos, traballarán en equipo e levantarán estruturas medievais coas que xogar e reflexionar sobre a arquitectura que se espallou en torno ao Camiño de Santiago.

A botica do Castro de Viladonga

A botica do Castro de Viladonga Obradoiro para adultos

A actividade terá os seguintes contidos:

 

- Roteiro para identificación de prantas medicinais no castro de Viladonga

- Técnicas de recoleción, secado e conservación de prantas con propiedades mediciñais.

- Como extraer as propiedades das prantas a través de aceites e alcoholes.

- Elaboración de ungüentos, pomadas e tratamentos

- Preparación de mostras que se repartirán entre os asitentes sobre bases de aceites de prantas, cera de abella e arxila.

Inscricións no teléfono: 982 870 160

Participantes 15 persoas

Subscribirse a Obradoiro