Ir o contido principal

Do 1 de xullo ao 31 de xullo do 2022 - 10:00h Álbum de familia Actividades de verán no Museo Liste Vigo

Como se dun cluedo se tratase, teremos que adiviñar quen matou a Xusto Hermelo. Pero, quen era este

home, cando e onde viviu, por que foi asasinado. As fotografías darannos a clave.

A través do xogo entenderemos a importancia da fotografía, non só como elemento artístico, senón

tamén documental. Mediante a súa manipulación e análise seremos quen de coñecer grandes segredos.

A actividade constará de:

- Introdución á arte da fotografía coa visita á exposición temporal “Ancestros tecnolóxicos” na parte dedicada ás cámaras fotográficas e a súa evolución

- Xogo de descubrimento e investigación no que fotografías e museo serán os fíos condutores.

Datas: do 1 ao 31 de xullo.

Duración: 60 minutos.

Dirixido a: grupos de 12 a 16 anos .

1 EURO POR PARTICIPANTE

PARA GRUPOS PREVIA SOLICITUDE