Ir o contido principal

Concerto

XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA Combinación de música e visita ao museo

Un ano máis, o Museo estrea un novo ciclo de "Música para unha época", ciclo que combina música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Estas son as datas e o resumo do programa.

Todos os concertos poden ser seguidos en streaming pola canle de Youtube do Museo.

13 de abril: O século XVII. 

Concerto: The Sylvains (voz e clave)

Visita guiada: A pintura barroca

Día Internacional da Música

Día Internacional da Música Concerto para conmemorar a celebración internacional do Día da Música

Festexando o Día Internacional da Música, a cantora galega Rosa Leiro e o pianista arxentino-galego Juan Carlos Cambas presentan no Museo Etnolóxico o seu último disco: “Camiño aberto: Canto libre de Galicia & Latinoamérica”, un espectáculo íntimo baseado na voz e o piano, cun repertorio que inclúe grandes autores e compositores galegos e latinoamericanos, e obras inéditas que ven a luz por primeira vez neste proxecto, con temáticas profundas e reflexivas que transportan a diferentes lugares e momentos.

A entrada é de balde ata completar capacidade.

Foles do CMUS de Ourense

Foles do CMUS de Ourense Celebración do Día Europeo da Música

No patio do Museo Etnolóxico, actuación polo Día Europeo da Música do alumnado do Conservatorio de Música de Ourense.

A festa europea da música é un evento nado en Francia e na actualidade celébrase en todos os continentes: unha xornada dedicada á reivindicación e á promoción da música como linguaxe universal da humanidade. Así, é interesante destacar algúns dos principios que hai que respectar, segundo a súa Carta de 1997: 

Música coral

Música coral Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

XXIII CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA Combinación de música e visita ao museo

Un ano máis, o Museo estrea un novo ciclo de "Música para unha época", ciclo que combina música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Estas son as datas e o resumo do programa. Pódese ver máis información polo miúdo do programado para cada día nesta ligazón. Todos os concertos poden ser seguidos en streaming pola canle de Youtube do Museo.

BRAVÍSIMAS! MULLERES NA MÚSICA

BRAVÍSIMAS! MULLERES NA MÚSICA CICLO DE CONCERTOS DO CMUS PROFESIONAL DA CORUNA

Organiza: CMUS Profesional da Coruña e o Museo de Belas Artes, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo

Sede: Salón de actos do Museo

Horario:12.00 h

Entrada libre

Sábado, 16 de marzo de 2024

Giselle Grau e Jorge R. Genó, piano a catro mans

Programa

Obras de María E. Botet (1903-1989), Isolina Carrillo (1907-1996),

Ignacio Cervantes (1847-1905), Astor Piazzolla (1921-1992) e

Maurice Ravel (1875-1937)

DES A MAR ULTRASÓNICO

DES A MAR ULTRASÓNICO RECITAL DE POESÍA E MÚSICA. DIÁLOGOS DE VERSOS E NOTAS

Des a mar ultrasónico é un recital poético e musical no que o compositor Álvaro Iglesias recrea en notas musicais os poemas da escritora Elba Pedrosa.

Doce poemas que tecen os fíos do amor e o seu oposto, da liberdade, do xénero, a dependencia e o futuro co constante latexar do mar. Doce composicións musicais creadas para dialogar cos versos.

Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Venres, 15 de marzo de 2024

Hora: 20:00 h

Entrada libre

POETA E VOZ:  ELBA PEDROSA

DIRECCIÓN E COMPOSICIÓN MUSICAL: ÁLVARO IGLESIAS

Subscribirse a Concerto