Ir o contido principal

Museo Anfaco da Industria Conserveira

O Museo da Industria Conserveira é un referente do patrimonio industrial de Galicia. Ten como obxectivos a conservación do patrimonio material e inmaterial relacionado coa historia da industria conserveira en Galicia, o fomento da investigación sobre a mesma e a súa divulgación.

Como centro de documentación especializado na pesca e a súa transformación, conta cun arquivo e unha biblioteca especializada no mar e a súa industria. Entre os seus fondos documentais destacan: o da Unión de Fabricantes de Conserva de Galicia e o da empresa de conservas Bernardo Alfageme, S.A.

A colección organízase en función dos fitos que marcaron os inicios e o desenvolvemento dos alimentos conservados por esterilización; os seus fitos tecnolóxicos, científicos e sociais ao redor dos procesos produtivos dunha fábrica de conservas. Incídese na organización laboral nas fábricas, nas relacións laborais e humanas, e no importante papel desempeñado pola muller na industria do mar.

A través da colección ilústranse os aspectos sociolóxicos e culturais da industria conserveira; faise un percorrido polas marcas comerciais e os documentos que mostran a actividade que forma parte do Patrimonio Industrial de Galicia. Forman parte da exposición os relatos históricos sobre as sagas empresariais, e aspectos comunicativos desta industria como a publicidade (obxectos publicitarios, catálogos etc.), o deseño de envases, etiquetas, caixas, abrelatas etc.

Catálogo en liña

Multimedia

 

 

https://museoconserva.com

Estrada do Colexio Universitario, 16
36310, Vigo

Tlf. 986 469 301
museo@anfaco.es

Horario

De outubro a xuño
De luns a xoves: 9:00-18:00 h
Venres: 9:00-15:00 h
De xuño a setembro
9:00-15:00 h


Tarifas

Visitas guiadas
Visita gratuíta: cita previa en museo@anfaco.es
Duración da visita guiada: 45 minutos aproximadamente
Accesibilidade: a colección do museo está adaptada á circulación de persoas con mobilidade adaptada e realízanse visitas guiadas para colectivos con diversidade funcional e en risco de exclusión social