The museum
O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na ría de Pontevedra e en pleno corazón da península do Morrazo. A idea de crear un museo foi suxerida por Guillermo Marconi durante a visita que realizou en 1928 á Fábrica de conservas Massó. No domicilio da familia quedou sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Seguindo o seu consello, os irmáns Massó levantaron unha planta sobre o máis antigo edificio da fábrica, e en 1932 nacía o Museo Massó.
Co tempo, os testemuños das factorías conserveira e baleeira e a actividade pesqueira foron completando o perfil do museo. En 1994, despois do peche da fábrica, o museo foi adquirido pola Xunta de Galicia. Hoxe no Museo Massó convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do coleccionismo doutra época.
Galería
-
Exterior do museo
-
Sala da primeira planta
-
Globo terráqueo de peto
-
"Caza da balea", ilustración do Diccionario Histórico de la Pesca Nacional. Antonio Sáñez Reguart (1791-1795)
-
Sala dedicada á caza da balea
-
Nocturlabio. Both Bears (ca. 1640-1660)
-
-
Sala dedicada á actividade conserveira
-
Esfera armilar. Antonio Monfort (ca. 1800-1850)
-
-
Lata de conserva Massó
-
Prensa da factoría de salgadura