Museo da Terra de Melide

O museo

O Museo de Melide é un museo no interior de Galicia nunha comarca vinculada aos camiños de peregrinación a Santiago: o Camiño Francés e o Camiño de Oviedo. En 2001 inaugurou unha nova sede no antigo Hospital de Sancti Spíritus.

Os seus fondos distribúense nas seguintes seccións: os Camiños de Santiago, na sala primeira, amosa paneis de fotografías dos monumentos do Camiño de Santiago, unha maqueta dos monumentos da Terra de Melide, capiteis medievais, sartegos funerarios do século XV, pintura mural e a historia do Hospital de Peregrinos de Sancti Spíritus.

A sección de arqueoloxía abarca as salas segunda e terceira. Na segunda poden verse restos desde o Neolítico á Cultura Castrexa, mentres a sala terceira se dedica á Romanización. As pezas que se amosan nestas salas son restos aparecidos en xacementos da bisbarra como o Castro da Graña ou a Vila de Piñeiro.

A sección de etnografía desenvólvese en catro salas nas que se amosan pezas relativas aos oficios tradicionais coma o de carpinteiro, zapateiro, zoqueiro etc., o xoguete e a escola, a música. Hai tamén unha sala dedicada ó tecido do liño e a la e outra dedicada á casa.

Galería