Museos de Galicia

Colección de Reloxos

O museo

A Colección de Reloxos atópase no Palacio Municipal da Coruña, edificio proxectado polo arquitecto municipal Pedro Mariño no ano 1904. A primeira planta do edificio, coñecida como Planta Nobre, acolle a Alcaldía, o Salón de Plenos e as coleccións municipais. As coleccións constan de tres conxuntos: a pinacoteca, a colección de marcas prefilatélicas e a que nos ocupa, a de reloxos.

A Colección de Reloxos ten a súa orixe na doazón feita ao Concello da Coruña polo coleccionista Antonio Ríos Mosquera, composta por 82 pezas procedentes de Inglaterra, Alemania, Holanda, Francia, e España. A colección foi medrando e hoxe poden verse reloxos que cronoloxicamente abarcan desde o século XVIII ao XX, e de diversos tipos: de mesa, de caixa alta e de caixa pequena. Hai pezas especialmente destacables, como o reloxo de Xavier Méndez de Saavedra, cura párroco de Ladrido, e de reloxeiros de sona como Julien Royal, reloxeiro de Luís XV.

Galería