Ir o contido principal

A escultura de estilo gótico recuperada no río Sar xa está no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Rematou o traballo de recuperación da talla de vulto redondo que representa unha Virxe sedente con anxos. A escultura xa foi trasladada ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde foi depositada para estudala en profundidade e determinar o seu valor patrimonial. Comeza agora un proceso de intervención para que se poida poñer a disposición da cidadanía.

É imprescindible comezar polos necesarios tratamentos de conservación preventiva, sobre todo despois de ser extraída dunha contorna húmida, e antes de pasar aos delicados coidados de restauración. Nas imaxes que se acompañan pódense apreciar algúns momentos do traslado ao Museo. Para ter máis detalles do procedemento e da peza, prema sobre esta ligazón: https://www.facebook.com/museodasperegrinacionsedesantiago/.

Ligazóns