Museos de Galicia

Museo de Nosa Señora da Antiga

O museo

O Colexio de Nosa Señora da Antiga é tamén coñecido como o Colexio do Cardeal (polo seu construtor) ou Colexio da Compañía (polos seus rexedores) e alcumado popularmente como o "Escorial Galego" pola magnitude do edificio. Foi construído entre finais do século XVI e principios do XVII, baixo o patrocinio do Cardeal Rodrigo de Castro para que, rexentado pola Compañía de Xesús, servira para a educación da bisbarra e de toda Galicia. Dende o ano 1873 o colexio é dirixido polos Pais Escolapios.

O conxunto monumental, situado nunha gran explanada no centro de Monforte, está formado polo edificio do colexio coa fachada de estilo renacentista herreriano, a Igrexa de Nosa Señora da Antiga, o claustro e o museo. A igrexa alberga importantes obras de arte das que destaca o retablo maior feito en madeira de nogueira por Francisco de Moure a comezos do século XVII e a estatua do cardeal Rodrigo de Castro fundida en bronce, obra do escultor Xoán de Boloña.

O museo, instalado na antiga sancristía, conta cunha pequena colección de pezas doadas polo cardeal entre as que cabe destacar as valiosas pezas bibliográficas, a documentación e os ornamentos litúrxicos, pero a maior xoia do museo é a súa pequena pinacoteca que conta con dous óleos de El Greco e cinco táboas de Andrea del Sarto.

Galería

  • "Santa Margarida de Corton", "Santa Inés" e "Santa Catalina de Alexandría", de Andrea del Sarto

  • Detalle de

    Detalle de "San Francisco", de El Greco

  • Detalle de

    Detalle de "San Lourenzo", de El Greco

  • Detalle de

    Detalle de "Xoán Bautista", de Andrea del Sarto

  • Detalle de

    Detalle de "San Pedro", de Andrea del Sarto

  • "Santo Cristo", de Valerio Cioli

  • Detalle da escultura orante de Rodrigo de Castro, de Xoán de Boloña

    Detalle da escultura orante de Rodrigo de Castro, de Xoán de Boloña