Ir o contido principal

Museo Liste de Vigo

O Museo Liste de Vigo nace a través da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo, que recolle o legado de Olimpio Liste Regueiro no eido da etnografía,  a través do que ofrecer una visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego.

Conta con nove salas de exposición permanente, distribuídas en tres plantas, que abarcan os seguintes aspectos: 

A cultura do Centeo, que evoca nun percorrido cronolóxico a importancia deste cereal no agro galego. 

A roda tradicional, visionada na súa gran variedade tipolóxica, e no carro como elemento fundamental na vida de antano. 

Simboloxía dos oficios, recolle máis de cincuenta oficios, representados nun marcado carácter conceptual.

O peche, onde o protagonista é a creación do íntimo, do reservado, a través do labor dos nosos ferreiros.

Os tecidos, que aborda aspectos da teciduría tradicional, especialmente liño e la.

A madeira escavada, mostra a sorprendente versatilidade da madeira, que a través do escavado consegue espazos aos que conferirlles un sentido utilitario.

A luz, cunha panorámica dos medios de iluminación a través do tempo.

A materialidade da fe, recolle a profundidade relixiosa das nosas xentes, expresada a través das ofrendas.

A arte de curar, preséntase coma homenaxe aos nosos “compostores” , homes e mulleres dedicados ao “oficio de curar”.

O museo quere ser un espazo sensible á observación e ao diálogo, que permita, a través do legado cultural que acolle, coñecer o traxecto da nosa identidade. Organiza exposicións temporais e actividades didácticas e conta cunha biblioteca de consulta especializada en antropoloxía galega. 

www.museoliste.org

Rúa Pastora, 22
36210 , Vigo

Tlf. 986244698
recepcion@museoliste.org / visitas@museoliste.org

Horario

De martes a sábados: de 10.00 a 14.00 h Mércores: de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h


Tarifas

Entrada xeral: 2 €
Reducida: 1 € (menores de 12 anos, 3ª idade, pensionistas, estudantes e integrantes de grupos)
Gratuíta: menores de 6 anos; centros de ensino e asociacións da 3ª idade do Concello de Vigo; exposicións temporais e actividades que así o indiquen; as tardes dos mércores