Ir o contido principal

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

O museo

O museo ocupa o antigo Pazo de Quiñones de León, construído no século XVII e reformado a fins do século XIX, sendo un edificio exemplar da arquitectura señorial de Galicia. Está rodeado polos xardíns deseñados polo portugués Jacinto de Matos en 1890.

O museo abriu por primeira vez no ano 1937, grazas á doazón do conxunto de xardíns e pazo por parte de Fernando Quiñones en 1925 e polo legado de obras de Policarpo Sanz. Dispón de 29 salas de exposición permanente e biblioteca. A planta baixa mantén aínda o ambiente da antiga residencia dos marqueses doantes do pazo, ademais de expoñer a pintura europea dos séculos XVII e XVIII, doazón de Policarpo Sanz.

A sección de arqueoloxía ocupa o edificio anexo do pazo: en dúas salas móstranse a evolución de Vigo e súa bisbarra dende o Paleolítico á Idade Media e os achados das escavacións no Monte do Castro. A sección de arte galega do museo preséntase na Pinacoteca municipal Francisco Fernández del Riego (Rúa Abeleira Menéndez 8, Vigo) a través de exposicións temporais de longa duración.

http://www.museodevigo.org

Pazo de Castrelos. Parque de Castrelos, s/n
36213 , Vigo

Tlf. 986295075 / 986295070
museocastrelos@vigo.org

Horario

Martes a venres de 10 a 14 h.
Sábados de 17 a 20 h.
Domingos e festivos de 11 a 14 h.
Pechado os luns e os días 1 de xaneiro e 25 de decembro


Tarifas

Entrada gratuíta