Museos de Galicia

Fundación Laxeiro

O museo

A Fundación Laxeiro foi constituída en Vigo en 1999 para custodiar, conservar e difundir a colección que o pintor Xosé Otero Abeledo, Laxeiro (1908-1996) doou á cidade de Vigo. Formada por sesenta e catro obras, moitas delas auténticas xoias da arte galega do século XX, a colección permanente posibilita un completo percorrido pola traxectoria profesional de Laxeiro, quen é unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega. 

As actividades da Fundación Laxeiro complétanse ademais cunha programación anual de exposicións temporais, nas que combina propostas da Vangarda histórica galega, con proxectos expositivos de arte contemporánea.

O perfil en Flickr da Fundación Laxeiro mostra boa parte das obras da colección. 

 

Galería

  • Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro

    Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro

  • "Carnavalada". Laxeiro, 1931

  • "Trasmundo". Laxeiro, 1946

  • "Autorretrato". Laxeiro, 1952

  • "Hans de Islandia". Laxeiro, 1966

  • Sen título. Laxeiro, 1966

    Sen título. Laxeiro, 1966

  • Sen título. Laxeiro, 1969

    Sen título. Laxeiro, 1969

  • "Maquinaria humana". Laxeiro, 1972

  • "A vida". Laxeiro, 1974

  • "Homenaxe a Lala". Laxeiro, 1977