Museos de Galicia

Fundación Museo do Gravado á Estampa Dixital

O museo

O Museo do Gravado á Estampa Dixital, encóntrase na localidade de Artes, concello de Ribeira (A Coruña). Artes forma parte do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, lugares que conforman unha das brañas máis singulares de España. 

A colección está composta principalmente por unha importante representación das artes gráficas: gravados orixinais de época, gravados sobre pranchas orixinais realizados en épocas posteriores e reproducións facsimilares. As obras abarcan desde o século XV á actualidade, e entre os artistas gravadores representados, destacan Goya, Rubens, Van Dyck, Toulouse-Lautrec, Saura, Ricardo Baroja, Eberhard Schlotter, Dalí, Alberti, Picasso... Así como gravadores galegos: Alfonso Costa, Manuel Ayaso, Novoa,… 

O Museo centra o seu obxectivo na colección, catalogación (catalogadas 29.000 estampas), estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes ata os nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: do Gravado á estampa dixital. 

No 2009 realizouse o primeiro certame do Premio Atlante, recibindo máis de 300 gravados de 18 países diferentes. Tras o éxito desta, convócase agora de xeito anual, con premios de importante contía.

Galería