Do 26 de novembro de 2015 ao 28 de febreiro de 2016 ALICERCES. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Mostra que aborda o desenvolvemento progresivo da cidade de Ourense nos últimos catro séculos e as súas transformacións máis salientables. Esta exposición enmárcase dentro dun proxecto máis amplo do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense de investigación da súa contorna máis inmediata, e que é continuidade doutra xa celebrada polo museo no 2008, titulada A cidade, da orixe ao século XVI.  

Como continuación daquela mostra, esta arranca no Ourense medieval de rúas sinuosas e rodeado por unha cerca, que vai ir acadando novos niveis de urbanización nos que as condicións de habitabilidade serán cada vez maiores. O percorrido organízase en varios grupos temáticos, nos que se analizan aspectos como a normativa, a morfoloxía da cidade ou a evolución das infraestruturas.

Para visualizar como foi este proceso histórico de conformación da cidade cóntase con varias obras procedentes dos propios fondos do Museo, reformuladas e contextualizadas, e outras procedentes doutras institucións e particulares que permiten un mellor discurso expositivo. Trátase dun conxunto de obras que buscan expresar aquelas preocupacións que tiveron os nosos devanceiros, que non son moi diferentes a aquelas que se viven hoxe en día, e os medios que puxeron para solucionalas. O resultado, acertado ou non, pode axudarnos hoxe a tomar mellores decisións na planificación urbana.

A exposición, estará aberta ata finais de febreiro na Sala de exposicións Afundación, situada na Praza Maior, e terá os seguintes horarios especiais: 

  • de luns a venres: de 17:30 a 20:30 h
  • sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h e de 17:30 a 20:30 h

Neste enlace pode descargar ofolleto promocional da exposición