Museos de Galicia

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

O museo

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo naceu como arqueolóxico, xa que atesoura -entre os seus máis de 2.400 fondos- unha valiosa colección de material lítico e numismático que o fai depositario dun amplo legado do pasado. Xunto a iso, imaxes relixiosas, ourivería litúrxica, obxectos devocionais e fragmentos ou pezas escultóricas da entidade do Crismón de Quiroga (século V), os restos marmóreos de Santa Eulalia de Bóveda (século IV) ou os da cancela de Saamasas (século IX), os bronces esmaltados do Medievo, a cruz románica de Meira, o Crucificado de Loio ou a Virxe Aleitadora da capela do Fusco -Lalín-.

Tamén inclúe o museo pezas de Cornielles de Holanda, Joannes de Boloña, Guglielmo della Porta, Joan de Joanes, Francisco de Moure ou Domingo de Andrade, por citar algúns dos nomes que conforman o rico legado da Igrexa de Lugo e forman parte da exposición permanente do museo.

Galería

  • Crismón da Hermida (Quiroga). Séc V

    Crismón da Hermida (Quiroga). Séc V

  • Restos de cancela de Santiago de Saamasas (Lugo). Época visigótica

    Restos de cancela de Santiago de Saamasas (Lugo). Época visigótica