Museos de Galicia

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

O museo

Este museo de arte sacra, un dos mais importantes de Galicia, ocupa algunhas estancias do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos, fundado no ano 1622 por Catarina de la Cerda y Sandoval, esposa de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, quen ao quedar viúva tomou os hábitos en dito mosteiro. Este mecenado cobra especial importancia, xa que a colección acolle parte do importante legado artístico que ámbolos dous doaron; magníficas pezas de pintura, escultura, marfís, téxtiles e obxectos suntuarios –especialmente relicarios- recollidos polos Condes de Lemos durante o seu virreinato en Nápoles entre os anos 1610 e 1616. 

A exposición alberga a colección máis importante de arte italiano do primeiro terzo do século XVII que hai en Galicia. Desenvólvese ao longo de cinco salas nas que se mostran magníficas pezas de pintura, escultura, pratería, marfís, téxtiles etc adquiridos polos Condes durante a súa estancia en Nápoles e aumentado por importantes obras adquiridas en España. Entre as pezas máis destacadas están as esculturas do obradoiro de Gregorio Fernández, expoñente da Escola Castelá do século XVII, como é o caso do Cristo Xacente en urna procesional, e dúas inmaculadas. Especial relevancia teñen tamén as pezas de ourivería do Renacemento italiano del siglo XVII, así como os relicarios das escolas italiana e castelá ou os bordados en sedas das pezas do ornamento e indumentaria litúrxicas e vestimentas de imaxes, procedentes probablemente dun obradoiro monacal do século XVII.

Galería

  • Cristo xacente en furna procesional. Obradoiro de Gregorio Fernández