Museos de Galicia

Museo Catedralicio de Tui

O museo

O Museo Catedralicio de Tui está situado no interior da Catedral, de estilo románico e gótico. O museo ocupa o espazo da Capela de Santa Catarina. Está formado polas pezas que compoñen o Tesouro Catedralicio, do que se exhiben pezas coma cálices, cetros procesionais ou ornamentos sagrados. Cabe destacar a custodia de asento realizada polo ourive Juan de Nápoles Mudarra en 1602, e unha imaxe en madeira policromada da Virxe co Neno que data de finais do século XIV, principios do XV.

No Claustro e na sala capitular pódese visitar a sección arqueolóxica na que se expoñen pezas procedentes de escavacións arqueolóxicas, do antigo coro románico, sarcófagos medievais, laudas visigóticas e antigas reixas da Catedral. Dende a Torre da Homenaxe contémplase unha gran vista do Miño, da cidade de Tui e da fronteira portuguesa.

Galería