Museos de Galicia

Museo Catedralicio de Ourense

O museo

Creado en 1957, foi instalado no claustro gótico da Catedral de Ourense, do século XIII. Os fondos que custodia pertencen a épocas diversas. Pódense agrupar en: obxectos litúrxicos (cálices, bandexas...); o tesouro de San Rosendo procedente do Mosteiro de Celanova; vestimentas litúrxicas; e finalmente escultura e pintura relixiosa.

De entre todas as pezas destacan fundamentalmente: a arqueta de Santa Eufemia, o Misal Auriense (datado en 1494 o que lle supón ser considerado como o primeiro libro impreso en Galicia), a Cruz procesional atribuída a Enrique Arfe, e unha serie de esmaltes de Limoges que pertenceron a unha arqueta do século XII.

Galería