Casa das Ciencias

O museo

A Casa das Ciencias ten a súa sede nun palacete situado no Parque de Santa Margarita. O edificio de planta octogonal ten as salas dedicadas a exposicións interactivas, e na cúpula encóntrase o planetario. Este centro de ciencia interactivo, que foi o primeiro en España de titularidade pública, achega a ciencia aos cidadáns a través de módulos que responden á acción do visitante con comportamentos que espertan a curiosidade e invitan a expor e resolver preguntas. 

O elemento más emblemático deste museo é o seu planetario dixital, no que se pode aprender a recoñecer estrelas, constelacións, planetas e outros obxectos observables a primeira ollada. Os programas abordan todo tipo de cuestións de astronomía e ademais conta con sesións especiais para nenos/as. 

Este centro presta unha atención especial á actualidade da ciencia reflectida nunha exposición que percorre, a través de módulos interactivos, seis áreas temáticas: o clima cambia, na busca da enerxía, a tecnoloxía cambia a nosa sociedade, a saúde é o que importa, os desafíos da natureza e o inesgotable empurre da ciencia. 

 

Galería