Ir o contido principal

Colección Fernando Blanco de Lema

O centro está situado no edificio coñecido como antiga Escola de Nenas, no centro da vila de Cee, erixido pola Fundación Fernando Blanco de Lema no soar da vella casa do seu mecenas.

A colección está formada na súa maior parte polo instrumental científico e o material didáctico das antigas cátedras, laboratorio e gabinetes do vello Instituto-Escola de Cee, de finais do século XIX, entre os que se atopan medidores de diversas magnitudes, aparellos de mecánica, acústica, óptica, etc. Cabe salientar tamén as coleccións de animais, minerais e fósiles.

Xunto a este material, a colección complétase co material didáctico doutras materias incorporadas ao centro ao longo da súa historia, coa documentación histórico-educativa do centro e con fondos artísticos e pictóricos da fundación, destacando as obras pictóricas de Federico Madrazo, gravados da Calcografía Nacional e unha colección de ourivería relixiosa.

http://www.museofernandoblanco.org

Praza da Constitución, 25
15270 , Cee

Tlf. 981747221
fundacioncee@hotmail.com

Horario

De martes a sábado: 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.


Tarifas

Entrada gratuíta