Ir o contido principal

11 de abril - 20:00h "Visite Galicia". Proxecto editorial do fotógrafo Ksado Actividades de primavera no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece visitas guiadas ao proxecto expositivo Ben(s)vidos, unha iniciativa para presentar as novas adquisicións ou pezas especiais do museo. Nesta ocasión o museo presenta o Proxecto editorial do fotógrafo Ksado: "Visite Galicia".

As visitas guiadas realizaránse o martes, 11 de abril ás 12:00 e ás 20:00 horas. 

A entrada é libre ata completar aforo.