Ir o contido principal

Do 17 de xullo ao 28 de xullo do 2023 - 09:00h Campamento castrexo Programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Poderán participar todos os nenos e nenas que pertenzan a familias con necesidades en materia de coidados de nenos e nenas, afectadas polo desemprego ou calquera outra situación especial.

O obxectivo fundamental destes campamentos de verán é favorecer a conciliación familiar e laboral.

Con este fin o Museo do Castro de Viladonga anuncia a posta en marcha dun campamento cultural "Campamento castrexo".

A inscrición no mesmo farase por quincenas chamando ao teléfono: 982 870 160

1ª quincena: 17 – 28 de xullo

2ª quincena: 31 de xullo – 12 de agosto

3ª quincena: 14 – 25 de agosto

4ª quincena: 28 de agosto – 8 de setembro

Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:30

Lugar: Museo do Castro de Viladonga