Ir o contido principal

Inscrición previa

Sombras de Sargadelos.

Sombras de Sargadelos. Obradoiros en familia: tras as pegadas de Isaac Díaz Pardo

Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo.

No marco da exposición temporal dedicada a Isaac Díaz Pardo, este obradoiro convida a nenas, nenos e as súas familias a un escenario de luces e sombras.

LecturArte

LecturArte Clube de lectura. Outono 2025

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a terceira edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono Actividades e exposicións no Museo Liste para o último trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o cuarto trimestre de 2025, de outubro a decembro.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Queridos obxectos: nostalxia e sedución" e "Iconografía do Nadal".

As actividades cíclicas, que desta banda corresponden coas celebracións e rituais máis importantes desta época: "Samaín: chegan as almiñas" e "Nadal: tempas e bispiños".

Do orixinal á réplica

Do orixinal á réplica Nova convocatoria dun obradoiro para adultos

Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum de Castrolandín achega algunhas técnicas para facer a réplica dunha peza orixinal do Castro de Viladonga.

Terá lugar o sábado día 20, de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h

As inscricións pódense facer por teléfono no 982870160, e terán prioridade as persoas que nunca fixeran este obradoiro.

Celebración do día mundial do chocolate

Celebración do día mundial do chocolate Xornada de portas abertas con degustación

A Colección Museográfica Casa do Chocolate organiza unha xornada de portas abertas con motivo da celebración do día mundial do chocolate.

A xornada incluirá unha degustación de choclate con galletas.

Realizaranse visitas guiadas gratuítas ata completar aforo en dúas quendas:

- Pola mañá: ás 12 e 13 horas

- Pola tarde: ás 17 e ás 18 horas

Reservas:

- Teléfono: 689 683 713

- Correo electrónico: turismo@paradadesil.es

 

Celebración do día mundial do chocolate

Celebración do día mundial do chocolate Xornada de portas abertas con degustación

A Colección Museográfica Casa do Chocolate organiza unha xornada de portas abertas con motivo da celebración do día mundial do chocolate.

A xornada incluirá unha degustación de choclate con galletas.

Realizaranse visitas guiadas gratuítas ata completar aforo en dúas quendas:

- Pola mañá: ás 12 e 13 horas

- Pola tarde: ás 17 e ás 18 horas

Reservas:

- Teléfono: 689 683 713

- Correo electrónico: turismo@paradadesil.es

 

Visitas escolares

Visitas escolares Curso 2025-2026

O obxectivo principal da área de educación do Museo é motivar o coñecemento e desfrute da arte coma unha experiencia, en busca do cumprimento dos fins educativos, de estudo e de recreo que o museo pon ao servizo da sociedade. Por iso, axústanse a linguaxe e os contidos da visita a través de múltiples ferramentas, talleres e propostas educativas.

Visita ao campamento de Aquae Querquennae

Visita ao campamento de Aquae Querquennae Visita guiada

O Museo Arqueolóxico de Ourense continúa coas iniciativas de facer máis visible o patrimonio da provincia, e nesta ocasión propón unha visita guiada por Santiago Ferrer Seara ao campamento romano de Aquae Querquennae, en Bande (Ourense). O programa é o seguinte:

- 15:20 h: traslado en autobús dende Xoán XXIII (tras a subdelegación do Goberno), Ourense

- 16:30 h: visita guiada ao campamento de Aquae Querquennae

- 18:00 h: saída de regreso a Ourense.

Subscribirse a Inscrición previa