Ir o contido principal

Do 16 de setembro ao 17 de decembro do 2025 - 11:00h LecturArte Clube de lectura. Outono 2025

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a terceira edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Grupo Mañá: Martes, 16 setembro, 7 outubro, 11 novembro, 9 decembro de 2025 de 11:00 a 13:00 horas

Grupo Tarde: Mércores, 24 setembro, 15 outubro, 19 novembro, 17 decembro de 2025 de 18:00 a 20:00 horas

Para a inscrición e máis información, nesta ligazón do Museo.