Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose Monte do Facho
Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo neste primeiro semestre do ano, José Suárez Otero será o relator a cargo de "Monte do Facho. Arqueoloxía dun “Mons Sacer”. Estado da cuestión".
O Facho é un xacemento complexo no que o simbólico, santuario do deus Berobreus con funcións rituais/culturais dende o Bronce Atlántico, destaca sobre os aspectos defensivos ou habitacionais, derivados dunha topografía que corresponde á Idade do Ferro.