Ir o contido principal

23 de xuño - 19:30h Arqueoloxía en Monodose O berce do Homo Erectus

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo neste primeiro semestre do ano, Eduardo Méndez Quintas será o relator a cargo de "O berce do Homo erectus no altiplano etíope: os xacementos de Melka Kunture".

Melka Kunture é un conxunto de xacementos prehistóricos situados a 2.000 m de altitude, ocupados desde fai dous millóns de anos por grupos de Homo erectus, Homo heidelbergensis e Homo sapiens arcaico, documentados en estratos ben datados. Sedimento, fauna e flora, permiten coñecer a adaptación ás condicións climáticas frías e húmidas das zonas altas.

Eduardo Méndez Quintas é doutor con premio extraordinario pola Universidad de Burgos; investiga o Paleolítico antigo en Europa e en África; é membro do The Olduvai Paleoanthropology and Paleoecology Project, dirixindo escavacións dende o 2018 nos xacementos de Melka Kunture (Etiopía) en la Garganta do Olduvai. En Galicia dirixiu escavacións en xacementos como Arbo, Porto Maior ou As Gándaras de Budiño.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense