Ir o contido principal

Entrada de balde

Cantareiras Ergutío

Cantareiras Ergutío Celebración do Día das Letras Galegas cunha actuación de cantareiras

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Museo Etnolóxico quere homenaxear ás nosas ancestras, as mulleres que mantiveron viva a lingua alén dos tempos cos seus cantos. É por iso que o día 16 de maio terá lugar no museo a actuación das cantareiras Ergutío.

Gaela quere ser druída

Gaela quere ser druída Celebración do Día Internacional dos Museos cun espectáculo de títeres a cargo de Trécola Teatro

Gaela de Breana anda pensativa e silenciosa. O druida da aldea de Altair logra que a nena lle conte a súa preocupación: Ela tamén quere ser druida!

Unha obra orixinal da compañía que nun formato sinxelo e con marionetas de fío e varillas mergúllenos na cultura castrexa, os seus contos e lendas, ao tempo que fomenta valores coma a igualdade, o coidado medioambiental e a autoestima, que nos axuda a superar os nosos propios retos.

Actividade pensada para todas as nenas e nenos dos colexios da contorna, e conmemorar cunha programación especial o Día Internacional dos Museos

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETAS Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poesía popular oral, personificado nas cantareiras, o Museo das Peregrinacións e de Santiago festexa esta xornada coa realización dun obradoiro de creación de pandeireta. 

Impartido por dous experimentados artesáns, de Regos Pandeiretas (Ordes), terá unha duración aproximada de tres horas e os participantes sairán del cunha pandeireta de elaboración propia. 

Soportais do Museo (Praza das Praterías)

Público recomendado +14

*Inscrición previa 

OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO

OBRADOIRO ISAAC DÍAZ PARDO Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Isaac Díaz Pardo, destacado artista e intelectual galego, foi homenaxeado no Día das Artes Galegas 2025. Aproveitando esta circunstancia o museo ofrece un obradoiro centrado na cerámica, unha das súas facetas más representativas. 

Terceiro andar 

Público recomendado +6 anos

*Inscrición previa

Día de portas abertas e degustación de chocolate

Día de portas abertas e degustación de chocolate Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Con motivo da celebración do día dos museos a Colección museográfica Casa do Chocolate de Teimende invitará aos visitantes a unha xornada de portas abertas con degustación de chocolate e galletas.

Haberá visitas de balde cada hora ata completar aforo:

- 11:00 horas

- 12:00 horas

- 13:00 horas

- 15:00 horas

- 16:00 horas

Reservas:

- Teléfono: 689 683 713

- Correo electrónico: turismo@paradadesil.es

TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN

TRAE O TEU LIBRO E VEN LER CON JUAN TALLÓN Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Visita á mostra «Santiago ilustrado», lectura en silencio e sesión de micro aberto para falar de museos, arte e artistas, con máis actividades. Coordinado por Mercedes Corbillón. Toda a información en @LeComigoSantiago.

Terceiro andar

Público recomendado +18

*Inscrición previa en: reservas@lecomigo.gal

Agrupación Folklórica Aturuxo. ACTUACIÓN MUSICAL E BAILE

Agrupación Folklórica Aturuxo. ACTUACIÓN MUSICAL E BAILE Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Celebramos o Día Internacional dos Museos remarcando o carácter festivo deste día. Organízase nos soportais do museo unha actuación musical baseada no folclore popular galego, coa posibilidade de acompañamento de baile. Broche final do DIM'25, cunha actividade coa que festexar esta xornada desde a nosa cultura tradicional e coa nosa comunidade. 

Máis alá dos lenzos

Máis alá dos lenzos Obradoiro en familia para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Visitas guiadas: O Barroco

Visitas guiadas: O Barroco Programación especial para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Visitas guiadas: O Rexionalismo

Visitas guiadas: O Rexionalismo Programación especial para conmemorar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Subscribirse a Entrada de balde