Arqueoloxía en Monodose
Arqueoloxía en Monodose Arqueoloxía na provincia de Ourense
No mes de outubro, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

Nesta ocasión, Martiño Xosé Vázquez Mato será o poñente de "Desenterrando Antioquía. 4000 anos de historia en 16 hectáreas", o relato do xacemento do Castelo no concello de Vilar de Barrio (Ourense). Un xacemento que presenta un depósito arqueolóxico de gran extensión e cunha longa ocupación no tempo: dende a Idade do Bronce ata a época galaico-romana.
Tras a grande aceptación das anteriores xornadas celebradas en xuño, o Museo do Viño de Galicia volve convocar unha reunión que pretende establecer un marco de reflexión e diálogo co sector do viño sobre o futuro da vitivinicultura galega. Nelas participarán diferentes axentes do sector, dende a viticultura ata a fabricación de rollas, pasando pola enoloxía e a historia.
O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", organiza unha xornada científica que reúne unha serie de especialistas cos que poder analizar e afondar no coñecemento da figura de Isaac Díaz pardo desde un punto de vista actualizado e interdisciplinar.
Novo obradoiro no Museo do Castro de Viladonga. Desta volta, para aprender a relatar memorias pasadas e presentes de forma gráfica, con debuxos e palabras. Para iso, interactuarase coas pezas, co castro e coas persoas asistentes. Guiado por Adela Vázquez Veiga.
Está pensado para público de todas as idades, co obxectivo de coñecer técnicas de relato gráfico, empregar esas técnicas para relatar lugares e situacións e compartir os relatos nunha posta en común.
A inscrición pódese realizar no teléfono 982 870 160, e será por orde de inscrición.
No Museo Histórico Militar da Coruña celebrarase a conferencia co título “adrenalina blanca” do Grupo Militar de Alta Montaña do ET, que será impartida polo coronel Alberto Ayora Hirsch. O relator participou en numerosas expedicións internacionais, visitando as principais cordilleiras do planeta, en moitas ocasións co programa de TVE de “Ao fío do Imposible”, sendo o líder de expedición.
A entrada é libre, ata completar aforo.
A presentación pública terá lugar o mércores 8 de outubro ás 20:00 h, na sala de Exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
Un obradoiro creativo inspirado na obra de Isaac Díaz Pardo.
Ao longo de 4 sesións, Marta del Pozo Vilá achegará os participantes á historia do manga e impartirá formación en exercicios dinámicos, teoría anatómica, teoría da cor, escritura do nome en xaponés e creación dun cómic-puzzle relacionado co museo.
Destinatarios: público de 10 a 16 anos
Grupo dos Venres: 26 setembro, 3, 10 e 17 de outubro de 2025, de 18:00 a 20:00 horas.
Grupo dos Sábados: 27 de setembro, 4, 11 e 18 de outubro de 2025, de 11:30 a 13:30 horas.
Inscrición: