Ir o contido principal

25 de outubro - 10:00h Técnicas gráficas para relatar memorias Para aprender a relatar de xeito gráfico

Novo obradoiro no Museo do Castro de Viladonga. Desta volta, para aprender a relatar memorias pasadas e presentes de forma gráfica, con debuxos e palabras. Para iso, interactuarase coas pezas, co castro e coas persoas asistentes. Guiado por Adela Vázquez Veiga.

Está pensado para público de todas as idades, co obxectivo de coñecer técnicas de relato gráfico, empregar esas técnicas para relatar lugares e situacións e compartir os relatos nunha posta en común.

A inscrición pódese realizar no teléfono 982 870 160, e será por orde de inscrición.