Ir o contido principal

Entrada de balde

A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias

A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias Ciclo Arqueoloxía en Monodose

O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio.

Nesta ocasión, a conferencia abordará as posibilidades que está abrindo a intelixencia artificial no ámbito patrimonial, a cargo de Guillermo Díaz Bouzas. Preséntase unha aproximación ás aplicacións de IA, e reflexionarase sobre os desafíos éticos e metodolóxicos

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

 

 

Centenario voo Madrid-Manila de Joaquín Loriga

Centenario voo Madrid-Manila de Joaquín Loriga Actos conmemorativos no Museo Ramón María Aller de Lalín

O Museo municipal Ramón María Aller acolle os actos conmemorativos na honra de Joaquín Loriga, con motivo do centenario do voo Madrid-Manila:

 

  • O xoves 18 de xuño (19.30 horas no Museo Municipal) presentarase o libro "El gran vuelo Madrid-Manila", do escritor e xornalista Álber Vázquez, unha obra clave para comprender este fito histórico do que se acaban de cumprir cen anos.

 

Inspirar para crear

Inspirar para crear Obradoiros de verán

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza os obradoiros de verán, dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos e impartido pola artista Gosia Trebacz.

O obxectivo destes obradoiros é o desenvolvemento das infancias a través da súa experiencia e capacidade creadora. No obradoiro descubrirán distintas técnicas e incentivarán a súa curiosidade pola formación das distintas coleccións, aproveitando tamén as exposicións que alberga o Museo.

V Encontro Internacional de cestería no Camiño

V Encontro Internacional de cestería no Camiño Actividade de verán

Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.

Sábado 11 de xullo

De 11:30h. a 14:00. e de 16:00h a 20:00h.

Demostración

CÁNDIDO FERNÁNDEZ MAZAS.

CÁNDIDO FERNÁNDEZ MAZAS. Conferencia Impartida por JOSÉ MANUEL BOUZAS.

Cándido Fernández Mazas foi, nas palabras de Carlos Gurméndez, un individuo harmonioso con múltiples aptitudes. Encarna o paradigma articulado por Rimbaud: ser absolutamente moderno. A súa actitude responde a este único principio.



Nun ambiente hostil, levou a súa sensibilidade poética ata onde puido a través do debuxo —e da pintura e da escritura— que, de tan sutil, apenas é.

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Neandertais, hienas e osos cavernarios nas montañas de Lugo e Ourense: novidades na investigación arqueopaleontolóxica das serras orientais de Galicia

Este luns, 8 de xuño, conferencia de Hugo Bal García:«Neandertais, hienas e osos cavernarios nas montañas de Lugo e Ourense: novidades na investigación arqueopaleontolóxica das serras orientais de Galicia».

A conferencia terá lugar ás 19:30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

 

 

Universo Cantigas

Universo Cantigas Unha edición monumental que recupera e achega ao presente as nosas cantigas medievais.

A poesía medieval galego-portuguesa protagoniza este encontro arredor de Universo Cantigas, unha edición monumental que recupera e achega ao presente as nosas cantigas medievais.

Cantigas de Amor reúne as 704 cantigas de amor transmitidas polos cancioneiros medievais.

Cantigas de Amigo recolle as 501 cantigas de amigo conservadas na tradición manuscrita.

Xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo

Xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo

 

Auditorio do Museo do Pobo Galego

Durante este mes de xuño, desenvolveranse no Museo do Pobo Galego as xornadas Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo, organizadas polo Concello de Santiago en colaboración co Museo do Pobo Galego, co fin de abordar a cuestión do lugar no que deben ficar as estatuas de xeito permanente.

Festival Atlántica

Festival Atlántica O MUSEO ACOLLE

Festival Atlántica

Museo do Pobo Galego

Un ano máis, o Festival Atlántica regresa ao Museo do Pobo Galego con dúas citas:

- Martes 30 de xuño, ás 19:00 h: Inauguración do Festival Atlántica

Coa participación das Caldupeiras de Porto do Cabo e Pepe dos Contos.

A actividade rematará cunha degustación de caldo.

Santo André de Teixido vén de romaría a Compostela!

- Sábado 4 de xullo, ás 12:00 h: Vermú antropolóxico

Naty Rey (Rianxo) · Antropóloga

Subscribirse a Entrada de balde