13 de agosto - 12:00h Os tesouros do galeón afundido Obradoiros de verán no Museo
Os tesouros do galeón afundido (5 a 9 anos) é unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática, dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos depósitos arqueolóxicos e a formulación de hipóteses.
A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.
Consulta máis en https://museomasso.xunta.gal/gl