CON-VIVIO
CON-VIVIO Encontro transfronteirizo sobre cultura, ruralidade e identidades no que participa o Museo Etnolóxico de Ribadavia
Ribadavia acollerá o vindeiro 21 de novembro a segunda edición do CON-VIVIO, un encontro transfronteirizo sobre cultura, ruralidade e identidades no noroeste peninsular.
A cita reunirá a creadores, xestores culturais, colectivos e público xeral de Galicia, Portugal e o conxunto do Estado para debater sobre innovación social, redes de colaboración e sustentabilidade no medio rural.