Do 1 de novembro ao 30 de novembro do 2026 - 10:00h Peza do mes: Os campaniformes da Portela da Moada Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo
A presentación pública terá lugar o 18 de novembro, mércores, ás 20:00 h na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
Trátase neste mes, de tres fragmentos de vasos campaniformes da Portela da Moada, no val de Salas, no concello de Muíños. De feito, o val do Salas acolle numerosos monumentos megalíticos e a Portela da Moada formaría parte da necrópole catalogada como Veiga de Maus de Salas.
A publicación virtual sobre esta obra está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, onde se pode afondar sobre o seu contexto arqueolóxico e o megalitismo, as súas características tipolóxicas, decoración, cronoloxía e uso, nun estudio a cargo, neste caso, de José María Eguileta Franco