Ir o contido principal

Público infantil

Xoguetes en familia

Xoguetes en familia Actividades de Nadal no Museo do Castro de Viladonga

E SE FACEMOS XOGUETES EN FAMILIA?

Sábado, 17 de decembro ás 12.00h

Guiado por José Manuel García Fernández.

Dirixido a nenos e nenas entre 6 e 12 anos acompañados de 1 ou 2 adultos.

Inscricións no tlf: 982870160

Mensaxe nunha botella

Mensaxe nunha botella Obradoiros de verán no Museo Massó

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 9 anos.

Esta actividade lúdica-cultural pretende concienciar aos participantes da importancia dos océanos para o planeta, tanto para a diversidade das especies como por a súa influencia no clima. Médiante un xogo deberán completar unhas tarxetas que aportaran as pistas para atopar as mensaxes dentro das botellas que estarán agochadas nas salas do museo. Finalmente cada participante escribirá unha mensaxe cun bo desexo para os océanos e todas as mensaxes se meteran nunha botella común.

É necesaria a inscrición previa.

Massomakion

Massomakion Continúan os obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 8 a 12 anos.

Deseño con tangram.

O MassoMakion é unha versión do quebracabezas máis antigo que coñecemos, o Stomakion, que foi ideado no século III antes da nosa Era por Arquímedes de Siracusa.

No MassoMakion proponse un xogo a partir dos deseños das latas da empresa Massó e as formas xeométricas. Pódense construír ata catro deseños diferentes coas pezas do tagram.

Arqueólog@s por un día

Arqueólog@s por un día Obradoiros de verán no Museo Massó

Obradoiro práctico sobre a actividade arqueolóxica centrado nos achados do xacemento de Pescadoira en Bueu onde se atoparon os restos dunha fábrica de salga e un taller de ánforas de época romana.

Para público infantil. 

Entrada gratuíta con inscrición previa (Teléfono: 886 151 101 museo.masso@xunta.gal)

Obradoiro dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade.

Corseando cos Bolechas

Corseando cos Bolechas Obradoiros de verán no Museo Massó

Actividade para nenas e nenos de 4 a 6 anos de idade.

O obradoiro parte do audiolibro“Os Bolechas”. Piratas e Corsarios no Museo Massó”, que se escoita presencialmente. A través do seu contido introdúcense pezas da colección relacionadas coa materia que logo se buscan pola sala da navegación, onde tamén se descobre un cofre e os seus tesouros.

Inscrición previa no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal

Cousas da praia

Cousas da praia Obradoiros de verán no Museo Massó

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Mediante o xogo e a música ensínase aos participantes cuestións sobre a area da praia e as plantas que viven nela, porqué sube e baixa a marea e outras sobre a acción humana. A praia como espazo de traballo no pasado e o problema actual do lixo no mar.

Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó.

Dirixido a nenas e nenos de oito a doce anos (acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque.

Explicarase a súa orixe e aplicación, e elaborarase un pequeno cadro de nós. 

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

Saíndo do cadro

Saíndo do cadro Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña. PLAN CORRESPONSABLES

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 12 anos de idade, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes*

Subscribirse a Público infantil