Ir o contido principal

Do 30 de agosto ao 2 de setembro do 2022 - 10:00h Saíndo do cadro Obradoiros de verán no Museo de Belas Artes da Coruña. PLAN CORRESPONSABLES

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de ata 12 anos de idade, desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes*

Con este fin, o Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuíto, titulado SAÍNDO DO CADRO.

DIRECCIÓN Alma Blanco. Arkhé Espacio Educativo

CALENDARIO De martes a venres de 10:00 a 14:00h nas seguintes quendas:

Semana 1 do 19 ao 22 de xullo

Semana 2 do 26 ao 29 de xullo

Semana 3 do 2 ao 5 de agosto

Semana 4 do 9 ao 12 de agosto

Semana 5 do 16 ao 19 de agosto

Semana 6 do 22 ao 26 de agosto

Semana 7 do 30 agosto ao 2 de setembro

 

PARTICIPANTES

En cada quenda asistirá un máximo de 20 participantes de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, acompañados por 2 educadores. Segundo a proposta poderán estar organizados en pequenos grupos, traballo individual ou en gran grupo, favorecendo desta forma os procesos creativos e cooperativos.

INFORMACIÓN PRÁCTICA PARA AS FAMILIAS

A media mañá farase un descanso para tomar o almorzo que cada participante traerá da súa casa, xunto cunha botella de auga. É recomendable tamén traer roupa de cambio na mochila.

CONTIDO

Todos e todas soñamos algunha vez con saírnos do marco, da liña pautada... que mellor momento para facelo que o verán.... e que mellor vehículo que a arte. Propoñemos converter o museo nun foco creativo único; un “atelier” con materiais interesantes para a exploración e a experimentación, onde convivan e dialoguen distintas disciplinas artísticas. Utilizaremos como contexto obras da colección e das exposicións do Museo, coa intención de “sacalas dos seus marcos”, reviralas, exploralas e xogalas, de tal forma que poidan servir de base e inspiración para que os nenos e nenas desenrolen as súas propias creacións.

 

* Terán preferencia as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Inscrición:

Para formalizar a inscrición xúntase abaixo un formulario para que unha vez cuberto sexa enviado á seguinte dirección de correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal, ou ben entregado no propio museo no seu horario de apertura ao público. Unha vez recibido, o Museo confirmará a inscrición aos participantes vía email.