Ir o contido principal

Público infantil

MUSEOS, SOSTEMENTO E BENESTAR

MUSEOS, SOSTEMENTO E BENESTAR Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, este 18 de maio propoñémos un reto no Castro.

Durante toda a mañá desenvolverase na contorna do castro unha actividade de orientación coa búsqueda de puntos claves e preguntas de observación.

A actividade axudará a comprender mellor a nosa historia e o espazo natural do Castro de Viladonga.

Para participar chamar ao teléfono: 982 870 161

Escola de escribas

Escola de escribas Actividades do día do libro no MUPEGA

Actividade na que a rapazada, con motivo do Día do Libro, terá a oportunidade de aprender sobre os inicios da escritura no mundo e da importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñecerán distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia e experimentarán con algúns deles construíndo as súas propias táboas de cera, un dos sistemas de escritura da antiga Roma.

Venres 21 de abril de 17:30 a 18:30

Público infantil de 6 a 11 anos

Actividade gratuíta

Obradoiros en familia

Obradoiros en familia Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

Travesías: aventuras de libro

Travesías: aventuras de libro Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques

Ata hai pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. En cambio, neste espectáculo agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Subscribirse a Público infantil