Ir o contido principal

Museo Histórico de Sargadelos

Museo Histórico de Sargadelos

O museo

As Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas conxunto histórico artístico en 1972. Estas fábricas foron nos seus inicios a primeira siderurxia integral de España, creadas polo Marqués de Sargadelos, Antonio Raimúndez Ibáñez, a finais do século XVIII. Dela saíron armas e municións para a Armada Española, e obxectos civís, convivindo no século XIX cunha innovadora fábrica de louza que introduciu en España formas e decoracións ata entón ligadas ás pezas de orixe inglesa. A producción das Reais Fábricas cesou no ano 1875.

Do antigo conxunto consérvanse restos dos altos fornos, da presa e do canle, convertidos no fermoso paseo dos namorados, o Pazo do Marqués, así como o edificio que alberga o museo, a Casa da Administración. Tanto o museo, no que se pode contemplar a evolución na producción das Reais Fábricas de Sargadelos, como o resto do conxunto supoñen un percorrido pola historia industrial galega máis sobresaínte.

As Fábricas, Sargadelos
27891 , Cervo

Tlf. 670 267 239
elisa.sargadelos@yahoo.com.br

Horario

AVISO: o museo permanecerá pechado o venres 2, o venres 16 e o luns 19 de febreiro de 2024

De outubro a maio
De luns a venres: de 11 a 17 h
De xuño a setembro
De luns a venres: de 12 a 18 h
Visitas de grupos
A visita de grupos deberá concertarse previamente a través do teléfono 670 267 239
Días de apertura especiais
6, 7, 8 e 9 de abril (Semana Santa)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
Do 12 ao 15 de outubro (ponte)
Do 6 ao 10 de decembro (ponte)
Peche
O museo estará pechado nas seguintes datas:
31 de marzo e 3 e 4 de abril
1 de maio
24 e 25 de xullo
14, 15 e 16 de agosto
Do 30 de outubro ao 3 de novembro
Do 25 ao 29 de decembro


Tarifas

Entrada gratuíta