Ir o contido principal

Remate da campaña de escavacións no Castro de Viladonga

A semana pasada remataron as escavacións arqueolóxicas no castro, correspondentes ao período 2019-2020.

Nesta campaña levouse a cabo a recuperación e consolidación de parte das estruturas do sector nordés, así como a consolidación do pozo-alxibe descuberto na campaña anterior.

Toda a información sobre esta campaña pódese seguir a través do blog que a empresa Terra Arqueos, responsable das escavacións, xerou para a súa difusión: https://castroviladonga19.blogspot.com.

Por outro lado, cómpre lembrar que tanto o museo como o castro poden visitarse no horario habitual de 10:00 a 20:00 h ininterrompidamente e todos os días da semana.