15 de xullo do 2020 Reapertura do Museo Casa da Troia

O Museo Casa da Troia de Santiago de Compostela inicia este venres, 17 de xullo, a súa temporada de visitas, logo de permanecer pechado por mor da covid-19. Poderá visitarse ata, polo menos, o 12 de setembro. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, pechando, como é habitual, os domingos e os luns. As tarifas son de 2'5 € (entrada xeral) e 1'5 € (nenos/as, estudantes, xubilados/as e peregrinos/as).

Así mesmo, o museo retoma a actividade dos "Roteiros troianos", que comezarán tamén o 17 de xullo. Sairán do pé da estatua de Montero Ríos, na praza de Mazarelos, e rematarán na Casa da Troia, incluíndo a visita ao museo. O número de participantes por cada visita será de 10 e ten un custo de 5 € por persoa e 2 € para as rapazas e os rapaces de 6 a 14 anos.

Poderán reservarse previamente as visitas ao museo e participación nos roteiros, chamando ao teléfono do museo (981 585 159) ou enviando un correo a visitas@lacasadelatroya.gal.

Ademais, este ano o museo renova a súa páxina web, cuxo enderezo segue sendo www.lacasadelatroya.gal.