Ir o contido principal

Prorrógase a exposición "After the whale" de Manuel Vilariño

Cartel

O Museo de Belas Artes da Coruña anunciou a ampliación do período expositivo da mostra “After the whale. Un diálogo co museo. Manuel Vilariño”, na que se establece un diálogo entre as imaxes do artista e as obras de arte da colección do museo.

A mostra inaugurouse o pasado 24 de maio cunha data inicial prevista de finalización do 13 de novembro, mais debido ao éxito de visitas e á boa acollida por parte do público visitante, a dirección do museo acordou xunto co fotógrafo Manuel Vilariño prorrogar a mostra un mes máis para cubrir a ampla demanda de visitas, polo que permanecerá aberta ao público ata o 11 de decembro de 2022.

Así mesmo, o Museo de Belas Artes da Coruña continuará a ofrecer as visitas guiadas para o público en xeral que se viñan desenvolvendo os sábados ás 18:30 horas; a derradeira será o 3 de decembro.