O Museo do Castro de Viladonga estrea a Semana Cultural 2022 con Soledad Felloza

Entre o luns e o martes ao redor de 185 escolares de educación infantil e primaria dos centros escolares Ramón Falcón de Castro de Rei, Rosalía de Castro de Mosteiro (Pol), Muimenta (Cospeito) e Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín) participaron nas sesións de contacontos a cargo de Soledad Felloza que organizou o Museo do Castro de Viladonga.
Soledad Felloza é unha actriz, contacontos, fotógrafa, escritora, dramaturga, columnista... En definitiva, diferentes xeitos de contar historias. Recibiu o Premio Europeo de Narración Oral 2015 e o Premio do Ministerio de Educación e Cultura polo seu espectáculo "As enxeñosas do fidalgo" (2019). Ademais, dirixe o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia.
A actividade complementouse con visitas guiadas ao museo e ao castro adaptadas aos distintos grupos segundo as súas idades.