Ir o contido principal

Novidades expositivas no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Nova obra de Santiago peregrino

Superar a ausencia no espazo expositivo do emblemático Santiago peregrino de Juan de Flandres, actualmente no Museo Nacional del Prado, semellaba unha tarefa difícil de afrontar. Tras un meticuloso estudo dos fondos do museo, os conservadores do Museo das Peregrinacións e de Santiago resaltaron un Santiago peregrino que cumpría cos requisitos para ocupar o baleiro deixado por Juan de Flandres.

Esta marabillosa obra pode gozarse no primeiro andar do museo, na praza das Praterías, situada xusto a carón do Santiago peregrino de Juan de Juanes. Deste xeito, péchase de novo a visión iconográfica de Santiago cunha gran selección artística ofertada aos/ás visitantes.

A posta en valor desta peza é a forma na que o museo quere mostrar un agradecido recoñecemento á familia Santos-Illueca pola doazón realizada.

Ligazóns